BELEBLOG

O BLOG de BIBLIOTECA E NORMALIZACIÓN DO COLEXIO DE BELESAR (BAIONA - PONTEVEDRA)

17/6/19

Paio e Aurelio saudan ao cole

Paio e Aurelio saudan ao alumnado do cole, polo seu video! Moitas grazas e a soñar cos contos!

16/6/19

O Balcón do Val Miñor: "Belesar de cine"

Por fin chegou a nosa revista escolar!

Aquí descubriredes un montón de artigos sobre CINE elaborados polos nosos nenos e nenas.

Gozade coa lectura!


 Belesar de cine

28/5/19

Andrés cabeza abaixo

Este ano, os nenos de 4º e 6º de infantil e de 1º e 3º de primaria, en relación co proxecto do cine, participaron na realización dunha curtametraxe feita coa técnica do stop motion. Velaí vos vai a nosa adaptación do conto "Andrés cabeza abaixo", esperamos que vos guste!

27/5/19

Mención especial no IV Concurso Ollo de vidro

Estamos de Noraboa porque acadamos unha mención especial no IV Concurso de Ollo de vidro co noso vídeo Espertando soños!, realizado co alumnado de 1º e 2º de primaria.
 Recollemos o premio o pasado mércorees no Fesrival de cans.

21/5/19

Maios de cine en Belesar

Hoxe festexamos os maios no cole de Belesar e todo o arrecendo a fiuncho, encheu o cole. Flores que se transformaron en colares, pulsares e nunha alfombra de cine!

16/5/19

Finalistas no IV concurso de O Ollo de vidro

O alumnado de 1º e 2º de primaria participou no concurso O Ollo de Vidro que organizan os Equipos de Dinamización Lingüística, a Biblioteca Neira Vilas xunto co Festival de Cans. Nós fixemos un video recomendando a lectura de Paio e o poder da música co alumnado de 1º e 2º. Quedamos finalistas no concurso e o vindeiro mércores 22 de maio ás 18.30 en Cans ( no Baixo de Bugarín) proxectarase o noso video e comunicaran os gañadores, asi como a entrega de premios. Se queredes vir ao evento, comunicádenolo na escola o luns 20 . Moitas grazas, moita sorte e Noraboa aos participantes.

Remata a Semana Cultural

Moitas grazas a todo o alumnado e mestras/es que participaron nesta Semana Cultural, empregando o seu tempo para ensaios e deleitándonos con actuacións marabillosas.