O BLOG de BIBLIOTECA E NORMALIZACIÓN DO COLEXIO DE BELESAR (BAIONA - PONTEVEDRA)

2/12/17

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O domingo día 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Personas con Discapacidade e este ano co lema "Baixo o mesmo paraugas" vaise celebrar en Vigo unha xuntanza de "paraugas" con mensaxes que pretenden visibilizar a diversidade funcional e fomentar a inclusión.

O pasado luns un grupo de alumnos do CEE Juan María tróuxonos un paraugas para que entre todos os nenos do cole recheáramos de mensaxes e levamos toda a semana traballando arreo para que nos quede bonito...e así foi!

Ademais durante toda esta semana nas aulas traballamos este día visualizando distintos curtos e/ou contos, un deles o que aquí vos deixamos.

 





No hay comentarios: